Tuesday 17 de September de 2024

Os Bombeiros sufocan un incendio que se producira nun edificio da rúa Xosé Ramón Barreiro, no concello de Ribeira


Os bombeiros do parque Comarcal Provincial de Boiro recibiron hoxe, arredor das 3.56 horas, o aviso dun incendio urbano nun edificio da rúa Xosé Ramón Barreiro, no concello de Ribeira.

Unha vez desprazados no lugar e tras realizar unha inspección, o persoal da agrupación dispuxo unha liña de extinción para acceder ao interior do inmoble. Os Bombeiros localizaron o lume nun piso da segunda planta, tendo afectado as chamas a unha das habitacións. O persoal procedeu á extinción do lume e á apertura das fiestras para ventilar o interior.

Na intervención tomou parte, así mesmo, o GAEM de Ribeira.